subscricion Subscricións novas rss Novas RSS contacto Contacto

O alcalde de Oroso, Luis Rey, mantén unha reunión cos veciños da parroquia de Trasmonte para coñecer as súas demandas e inquedanzas


orosoO alcalde do Concello de Oroso, Luis Rey Villaverde, acompañado doutros membros do equipo de goberno, mantivo unha reunión cos veciños da parroquia de Trasmonte.

O obxetivo da reunión, a primeira das que manterá en todas as parroquias do concello, era coñecer de primeira man as principais demandas e inquedanzas dos veciños e veciñas de Trasmonte.

O encontro desenvolveuse nun ambiente de absoluta cordialidade e o grupo de goberno tomou nota das peticións dos veciños para estudalas e atendelas o antes posible.

“O dixen o día que tomei posesión, quero estar en contacto permanente cos veciños, ser o alcalde de todos, por iso son tan positivas estas reunións”, explica Luis Rey, que lembra que “as portas do meu despacho están abertas para calquera veciño ou veciña, eu no concello recibo a quen o pida”.

Os encontros nas parroquias e co conxunto do tecido asociativo do Concello de Oroso continuarán nos próximos meses.