subscricion Subscricións novas rss Novas RSS contacto Contacto

O Concello de Oroso aproba en pleno a súa conta xeral, que reflicte estabilidade orzamentaria e unhas contas municipais saneadas


orosoO Concello de Oroso celebrou esta mañá un pleno extraordinario no que aprobou a conta xeral correspondente ao exercicio 2020 sen ningún voto en contra.

O Concello de Oroso pechou o ano con superávit e remanente de tesourería, unhas contas saneadas e unha presión fiscal baixa en comparación coa media dos concellos de Galicia.

Con respecto a este último capítulo, a presión fiscal por habitante en Oroso é de 347,47 euros ao ano, fronte aos 484,64 euros de media en Galicia e os 614,18 euros de media estatal.

“Desde hai moitos anos, Oroso é un concello saneado, cun endebedamento baixo e un rigor nas contas que nos permite investir en obras e dar un elevado número de servizos aos nosos veciños”, afirmou o alcalde, Luis Rey Villaverde