subscricion Subscricións novas rss Novas RSS contacto Contacto

O Concello de Oroso anchea as beirarrúas fronte ao colexio e repara algúns tramos en mal estado en Sigüeiro.


Técnicos da Deputación Provincial visitaron Oroso e confirmaron que a construcción das beirarrúas de Senra, orzamentado en 416.000 euros, comezará a vindeira semana.

orosoO Concello de Oroso está a acometer nestes días un programa de reparación e mellora das beirarrúas en Sigüeiro. As brigadas municipais están substituíndo as losetas en mal estado en diversas rúas da capital municipal, especialmente na rúa Lengüelle e na rúa da Cultura, xusto diante do centro cultural Fernando Casas e Novoa.

Uns traballos que o Concello de Oroso está levando a cabo a través da brigada de obras municipal, que tamén se está a encargar do rebacheado de distintas pistas municipais. Sen embargo, a obra de maior entidade foi o ensanchamento das beirarrúas fronte ao CEIP de Sigüeiro, aproveitando o inicio das vacacións escolares. “Ancheamos aproximadamente nun metro as beirarrúas que hai antes do colexio, para maior seguridade dos pais e nais que vaian recoller aos seus pequenos”, explica Eduardo Veiras, concelleiro de Vías e Obras.

O Concello de Oroso xa actuou sobre esta zona o pasado mes de xaneiro, cando retirou unhas árbores que obstaculizaban o aparcamento e colocou uns pivotes fronte ao centro escolar para que os peóns puidesen camiñar con maior seguridade. “Nun futuro pretendemos continuar haí coa beirarrúa, pero temos que agardar a que se aprobe definitivamente a modificación do PXOM da Barciela”, sinala Eduardo Veiras, quen recoñece que “mentres tanto, esta medida provisional permite aumentar a distancia de seguridade entre o peón e a estrada”.

Beirarrúas de Senra

Por outra banda, Eduardo Veiras anuncia que “a vindeira semana darán comezo as beirarrúas de Senra, un proxecto orzamentado en máis de 400.000 euros e polo que o Concello levaba varios anos negociando coa Deputación Provincial, xa que é fundamental para mellorar a seguridade viaria dos veciños de Senra”. Técnicos da entidade provincial visitaron onte martes a localidade de Senra e confirmaron o inminente inicio dos traballos.

“Serán 1,6 quilómetros de beirarrúas, 800 metros por cada lado da estrada DP-3801 Sigüeiro-San Mauro, e inclúe tamén a recollida de pluviais e fecais, así como o soterramento do alumeado público”, explica o concelleiro de Vías e Obras de Oroso. A Deputación Provincial será a encargada de executar as beirarrúas, mentras que o Concello de Oroso xa facilitou hai case un ano todos os permisos e autorizacións pertinentes para a realización dos traballos.

De feito, o proxecto acumula un retraso de algo máis dun ano, xa que estaba incluido na primeira fase do Plan de Travesías 2011 e fora aprobado polo pleno municipal de xuño de 2011. Unha vez rematadas as beirarrúas, o Concello de Oroso encargarase da súa conservación e mantemento.