subscricion Subscricións novas rss Novas RSS contacto Contacto

Oroso renova a súa maquinaría para limpeza, desbroce e prevención de incendios forestais.


O concello adquire un novo tractor e un brazo desbrozador hidráulico valorados en máis de 90.000 euros.

orosoO Concello de Oroso renovou hoxe a súa maquinaria para as labores de limpeza e o desbroce dos camiños e cunetas do municipio. En concreto, o concello adquiriu un novo tractor e un brazo desbrozador hidráulico, valorados en máis de 90.000 euros e para o que contou coa colaboración da Deputación da Coruña.

Dous tractores propiedade do concello realizan este tipo de traballos durante todo o ano, fundamentais para evitar incendios forestais e mellorar o estado as comunicacións da rede viaria e de camiños de Oroso.

“É unha prioridade para o concello e para os nosos veciños, temos que ter limpas as nosas vías de comunicacións e as cunetas, sobre todo tendo en conta as tempadas de maior risco de incendios”, asegura o alcalde de Oroso, Manuel Mirás.

“Con esta política de limpeza das faixas polo menos dúas veces ao ano minimizamos os incendios forestais; nos últimos anos a queima de montes no Concello de Oroso foi mínima, grazas a estas accións e tamén á rápida intervención de Protección Civil, que está alerta as 24 horas do día”, engadiu Mirás.