subscricion Subscricións novas rss Novas RSS contacto Contacto

O Concello de Oroso terá unha nova senda peonil que conectará Falmega con Vilarromarís.


“Era unha demanda veciñal e xa estamos entre os municipios galegos con máis quilómetros de sendas peonís construídos”, asegura o alcalde, Manuel Mirás.

orosoO Concello de Oroso terá unha nova senda peonil de máis de 700 metros que conectará o núcleo de Falmega, na parroquia da Gándara, con Vilarromarís. En concreto, esta nova infaestrutura é un tramo que quedaba por facer na senda de seis quilómetros que comeza en Sigüeiro, continúa por A Gándara e remata en Vilaromarís.

As obras, cun orzamento que ronda os 100.000 euros, comezarán grazas a un investimento da Deputación da Coruña. “Era unha demanda veciñal que desde o concello trasladamos ao organismo provincial, non foi atendida cando o Partido Popular gobernaba na Deputación, pero agora sae adiante cun goberno socialista”, sostén o alcalde de Oroso, Manuel Mirás.

Para o Concello de Oroso, é unha prioridade mellorar as comunicacións entre o centro urbano e as parroquias do municipio. “Era ademáis un compromiso electoral que cumprimos para mellorar a vida dos veciños e a seguridade viaria nun tramo moi transitado”, afirma o alcalde.

A nova senda terá dous metros de ancho e discurrirá polo marxe dereito da estrada que une Sigüeiro con Vilarromarís. “Xa estamos entre os municipios galegos con máis quilómetros de sendas peonís construídos”, engade Manuel Mirás.