subscricion Subscricións novas rss Novas RSS contacto Contacto

O Ministerio de Fomento licita as obras da nova rotonda na praza da Foca de Sigüeiro.


orosoO Ministerio de Fomento fixo pública a licitación da obra da nova rotonda da praza da Foca en Sigüeiro, que contará cun investimento de 141.639 euros (adxuntamos comunicado oficial do Ministerio cos detalles).

Esta licitación deriva do compromiso obtido no mes de outubro por parte do alcalde do Concello de Oroso, Manuel Mirás, no Ministerio de Fomento de acometer varias obras e proxectos para aliviar o tráfico no municipio e mellorar a seguridade vial.

“Hoxé é un gran día para o concello, o proxecto aliviará o tráfico e agora temos en Madrid un goberno socialista que escoita as demandas de Oroso, prometéronme celeridade e hoxe demostraron que dicían a verdade”, sostén Manuel Mirás.

Con esta rotonda, “pretendemos evitar os atascos que se producen na N-550 ao seu paso por Sigüeiro polos vehículos que van dirección Santiago, dirección A Coruña, os que se incorporan pola avenida da Grabanxa e os que o fan pola rúa do Portiño”, asegura o alcalde, que quere darlle tamén as grazas polo seu compromiso con Oroso ao delegado do Goberno en Galicia, Javier Losada.

“A rotonda é unha demanda de hai anos, pero o portavoz do PP, Alexander Doval, non moveu un dedo con Ana Pastor e Iñigo de la Serna; agora, nuns meses de goberno socialista en Madrid, desde o concello conseguimos a obra para Oroso”, engade o alcalde.

Máis de 22.000 vehículos circulan cada día polo centro de Sigüeiro e Manuel Mirás considera necesario tomar medidas para que “o tráfico sexa máis fluido, eliminando os semáforos para reducir as retencións; no ministerio comprenderon a situación e acometerán as actuacións necesarias”.