Obras de renovación do pavimento en varias rúas de Sigüeiro
Desde hoxe e ata o mércores, o Concello de Oroso, a través da Concellaría de Obras, está realizando traballos para a renovación do pavimento en varias rúas do casco urbano de Sigüeiro.
Esta actuación forma parte do plan integral de mellora e renovación dos servizos e infraestruturas de Oroso, tanto no centro urbano como nas parroquias.
Cos traballos, renovaremos o firme deteriorado das rúas, o que suporá unha mellora na seguridade, tanto dos vehículos como dos peóns.
O mantemento nas melloras condicións das vías e camiños municipais é unha prioridade para o grupo de goberno.
Os traballos realízanse nas seguintes rúas e prazas:
-Praza Isaac Díaz Pardo.
-Lenguelle.
-Cultura.
-Rúa Tambre.
-Batalla.
-Portiño.
-Zona de Alexandre Bóveda.
Grazas pola vosa colaboración e desculpade as molestias ocasionadas polas obras.