subscricion Subscricións novas rss Novas RSS contacto Contacto

Rematados os traballos de mellora no parque infantil de Sigüeiro


orosoO Concello de Oroso informa á veciñanza de que esta mesma tarde abriu de novo o parque infantil de Sigüeiro tras os traballos de reforma e renovación.

En concreto, substituiuse o elemento de xogo máis grande do parque, o barco, que estaba deteriorado. Tamén realizáronse traballos de mellora no chan de caucho.

O alcalde de Oroso, Manuel Mirás, e o concelleiro de Obras, Luis Rey, visitaron hoxe o espazo horas antes da súa reapertura.

Con esta actuación, o concello continúa co seu plan de mellora integral dos espazos e equipamentos de ocio e lecer, como fixo recentemente coa instalación dunhas mesas na praza de Alexandre Bóveda (onde estaban os depósitos de gas) ou coas reformas no parque infantil da escola unitaria de Vilacide.