subscricion Subscricións novas rss Novas RSS contacto Contacto

Novas imaxes de lixo, enseres e voluminosos nas rúas de Oroso


orosoNas últimas horas, foron depositados de novo na rúa materiais e enseres (fotografías adxuntas), nesta ocasión na zona de Porto Avieira.

Unha vez máis, dende o Concello de Oroso queremos facer un chamamento á responsabilidade de toda a veciñanza para que non depositen lixo, restos de poda ou cartón na rúa.

É ademais unha mágoa deixar os enseres nos espazos públicos cando dispoñemos dun servizo de recollida e un punto limpo no Polígono de Oroso Pequeno aberto todos días.

Pedimos encarecidamente a colaboración dos veciños e veciñas de Porto Avieira e de todo o concello para denunciar estes feitos que van contra a saúde, limpeza e decoro de todo un pobo. Co esforzo de todos/as estamos a procurar ter un concello o máis limpo posible, pero é cousa de todos.

Lembramos que o concello segue a manter a recollida de voluminosos o primeiro sábado de cada mes e o punto limpo permanece aberto de Luns a Venres de 14:30 a 18:30 horas e os Sábados de 10:00 a 14:00 horas.

Agradecemos a vosa colaboración!