O Concello de Oroso ultima os traballos na senda entre Oroso Pequeno e o Parque Fluvial do rio Carboeiro
O Concello de Oroso informa á veciñanza que
están ultimando as obras na nova senda que conectará Oroso Pequeno co
Parque Fluvial do río Carboeiro.
As obras nesta senda detivéronse durante uns días xa que o proxecto precisaba
dunhas adaptacións técnicas dada a presenza dun gasoducto na zona. Por este
motivo, á espera de recibir o alcance destes aspectos, o Concello de Oroso
decidiu deter a obra para evitar eivas na futura senda ou cambios a última
hora.
Unha vez recibidos os detalles por parte da empresa responsable do gasoducto,
procedeuse a ultimar a senda. Nestes días instalouse o firme, que está
adaptado á lexislación e ás esixencias da Dirección Xeral de Patrimonio, xa que
parte do Camiño Inglés transcorre pola senda.
“Preferimos ser cautelosos e esperar a coñecer todos os detalles”, subliña Luis
Rey, alcalde de Oroso. “Agradecemos ademais á Dirección do gasoducto as
facilidades para planificar a senda ao paso das súas instalacións, así como á
Deputación da Coruña, quen contribúe a financiar a obra”, engade.
Esta senda, de 1.450 metros de lonxitude, dá resposta a unha demanda
veciñal, mellorando a seguridade viaria, a comunicación co centro e a
mobilidade urbana. A obra, cuxo orzamento ronda os 160.000 euros, forma
parte do Plan Integral do Concello de Oroso para mellorar a seguridade viaria
nas parroquias cunha rede de sendas peonís.