subscricion Subscricións novas rss Novas RSS contacto Contacto

O Concello de Oroso saca a licitación unha actuación de mellora do pavimento en varios tramos do polígono industrial de Sigüeiro


orosoO Concello de Oroso informa aos seus veciños e veciñas da licitación dunhas obras para mellorar o pavimento nalgunhas das principais vías de comunicación do polígono industrial de Sigüeiro.

En concreto, haberá un investimento de máis de 102.000 euros para mellorar o pavimento na rúa Otero Pedrayo e na avenida Álvaro Cunqueiro, ademais dunha actuación para a substitución de canle na rúa Eduardo Pondal.

O alcalde de Oroso, Luis Rey Villaverde, lembra que “a aposta polo emprego industrial foi sempre unha prioridade para o noso concello”.

“Máis de 2.000 persoas traballan nos polígonos industriais de Oroso, somos un concello emprendedor, con chan industrial e moi boas comunicacións por estrada”, engadiu, “polo que este tipo de actuacións de mellora e renovación dos servizos e infraestruturas do polígono son sempre necesarias”.