subscricion Subscricións novas rss Novas RSS contacto Contacto

O Concello de Oroso informa do remate das obras de renovación da Avenida Álvaro Cunqueiro


orosoO grupo de goberno do Concello de Oroso informa aos seus veciños e veciñas do remate das tarefas de renovación e pavimentación da avenida Álvaro Cunqueiro, no polígono industrial.

“Un dos piares da nosa acción de goberno é a renovación continua dos servizos e infraestruturas públicas, neste caso para mellorar o tráfico e a seguridade no polígono”, asegura o alcalde, Luis Rey Villaverde

O alcalde lembra ademais que “a aposta polo emprego industrial foi sempre unha prioridade para o noso concello”.

“Máis de 2.000 persoas traballan nos polígonos industriais de Oroso, somos un concello emprendedor, con chan industrial e moi boas comunicacións por estrada”, engadiu, “polo que este tipo de actuacións de mellora e renovación dos servizos e infraestruturas do polígono son sempre necesarias”.