subscricion Subscricións novas rss Novas RSS contacto Contacto

A Aula Mentor EducaOroso oferta un curso gratuíto de edición de imaxes con GIMP.


orosoO Concello de Oroso, a través da Aula Mentor EducaOroso, oferta un curso gratuíto de edición de imaxes con GIMP, que terá unha duración de 16 horas impartidas ao longo de sete sesións formativas a celebrar nas tardes entre o 16 e o 26 de maio. As inscricións poden realizarse na Aula Mentor EducaOroso (rúa do Deporte 7, Sigüeiro) ou no 981 688 950.

O obxectivo deste curso é que o alumnado aprenda o manexo básico do software GIMP, o que lles permitirá crear carteis sinxelos, facer pequenos retoques nas súas fotografías ou realizar montaxes simples combinando os coñecementos aprendidos. As clases terán lugar en horario de tarde: de 16:00 a 18:15 horas (o luns 16, mércores 18, luns 23, martes 24 e mércores 25 de maio) e de 17:30 a 19:45 horas (os xoves 19 e 26 de maio).