subscricion Subscricións novas rss Novas RSS contacto Contacto

A Aula Mentor EducaOroso incorpora dous novos cursos.


 

O Concello de Oroso, a través da Aula Mentor EducaOroso, acaba de incorporar á súa oferta formativa dous novos cursos: “Coaching e liderazgo persoal” e “Dirección de arte para producións audiovisuais”. As inscricións poden realizarse na Aula Mentor EducaOroso (rúa do Deporte 7, Sigüeiro) ou no 981 688 950.

O curso de “Coaching e liderazgo persoal” formúlase como unha ferramenta para axudar a acadar o éxito na vida persoal e profesional, partindo do feito de que canto máis nos coñecemos a nós mesmos, mellor podemos conseguir os obxectivos que nos marcamos. Por iso, neste curso traballarase o desenvolvemento do liderado persoal xunto con outras habilidades.

Pola súa banda, o curso de “Dirección de arte para producións audiovisuais” está deseñado para que os participantes coñezan de maneira secuencial todos os pasos que se deben seguir, dende a recepción do guión ata o traballo co equipo de rodaxe, pasando pola construción da escenografía e o deseño do atrezzo. Ao longo do curso inclúense referencias a documentais e longametraxes amplamente coñecidas polas súas escenografías particulares.

Conxelación da matrícula

Tal e como figura no documento de dereitos e deberes dos alumnos, a partir do martes 16 de xuño e ata o 29 de xullo os alumnos poden solicitar a conxelación de matrícula a excepción dos alumnos matriculados nos cursos Cisco.

Os alumnos a matrícula dos cales foi conxelada voluntariamente poden solicitar a súa desconxelación ao longo do mes de setembro. Se non o fan, o 1 outubro desconxelaranse automaticamente todas as matrículas conxeladas por este método.

As matrículas que non se conxelen voluntariamente serán conxeladas automaticamente o día 1 de Agosto e desconxeladas de novo automaticamente o 1 de setembro.