O Concello de Oroso ofrece un curso gratuito para administrar un ordenador con Sistema Linux.
A Aula CeMIT do Concello de Oroso, oferta un curso gratuíto de administración básica dun ordenador con Sistema Linux, que terá unha duración de 8 horas impartidas ao longo de catro sesións formativas a celebrar nas mañás entre o 5 e o 8 de setembro dende ás 10:00 horas ata as 12:00 horas. As inscricións deben realizarse a través do seguinte enlace: https://cemit.xunta.gal/es/actividade/18041
Linux é un sistema operativo cada vez máis popular que está a demostrar ser unha alternativa viable a Windows de Microsoft e aos sistemas operativos Mac de Apple.
Contidos:
• A interface de comandos, shell, prompt
• Que é Linux. O proxecto GNU. Software Libre. Código Aberto
• Distribucións de Linux
• Estrutura de ficheiros en Linux
• Comandos básicos de administración do sistema Linux
• Permisos e asignación
• Manipulación de usuarios. Tipos de usuarios. Grupos
• Comandos d manipulación de arquivos
• Comandos de Xestión de rede
• Empaquetamentos de arquivos
• Instalación de aplicacións coas utilidades apt-get
• Scripting en Linux
• Tarefas típicas dun administrador de sistemas. Backups, xestión da rede, firewall, análise de logs,.....
Maís información na Aula Mentor EducaOroso (rúa do Deporte 7, Sigüeiro) ou no 981 688 950.