subscricion Subscricións novas rss Novas RSS contacto Contacto

O Concello de Oroso convoca un curso gratuíto de preparación das probas libres para obter o Graduado en Educación Secundaria.


orosoO Concello de Oroso abre o prazo de inscrición nun curso gratuíto para preparar as probas libres para obter o título de Graduado en Educación Secundaria Obrigatoria (ESO). As inscricións poden realizarse ata o vindeiro 7 de outubro no rexistro oficial do Concello de Oroso.
Máis información na Aula de Formación EducaOroso (rúa do Deporte s/n), nos teléfonos 981 688 950 e 981 973 927 ou a través do mail educaoroso@concellooroso.com.

O Concello de Oroso oferta un total de 20 prazas, que serán adxudicadas segundo as bases da convocatoria. O único requisito para participar é ter 18 anos e superar unha pequena proba de acceso, que se realiza coa finalidade de establecer un punto de partida homoxéneo para todos os alumnos e alumnas do curso. Ao longo do curso abordaranse os temas máis salientables da educación secundaria para adultos coa obxectivo de poder superar a proba libre que convoca anualmente a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia para obter o Graduado en ESO.