subscricion Subscricións novas rss Novas RSS contacto Contacto

O Concello de Oroso incorpora 20 cursos gratuítos de teleformación relacionados coas tecnoloxías da información e a comunicación.


 

O Concello de Oroso vén de incorporar 20 novos cursos de teleformación de diferentes temáticas, todas eles gratuítos e relacionados coas tecnoloxías da información e a comunicación (TIC). Os cursos están dispoñibles a través da Aula CeMIT de Sigüeiro-Oroso. Terán unha duración de entre 4 e 10 horas e poderán realizarse en calquera momento, sen necesidade de que o Concello teña que facer unha convocatoria para celebralos.

A plataforma de teleformación orosán contará encontrar todo tipo de cursos e niveis. Así, aqueles que se inicien nisto das TICs poden optar por cursos para aprender a manexar a tableta, a cámara dixital, dispositivos electrónicos, o smartphone ou outros dispositivos electrónicos. Tamén haberá sesións para aprender cuestións de actualidade nas redes como o cloud computing, o comercio electrónico, a creación de blogs ou como manexarse na Administración Electrónica (factura electrónica, trámites económicos na Internet, xestión de documentación...).

Unha vez finalizado o curso, o alumno terá a opción de realizar un exame presencial na aula CeMIT de Sigüeiro-Oroso para poder acadar un diploma de realización do curso asinado dixitalmente. Ademais, dende a aula orosá adiantan que se realizarán xornadas presenciais relacionadas con algunha das temáticas dos cursos para axudar aos veciños e veciñas a superar o exame. Máis información e inscricións na Aula de Formación EducaOroso (rúa do Deporte 7, Sigüeiro), no 981 688 950 ou a través da web municipal.


A listaxe dos cursos dispoñibles é a seguinte:  

 

                · Control parental  

                · Seguridade informática  

                · Uso do libro electrónico  

                · Uso da tableta  

                · Uso da cámara dixital  

                · Uso dos dispositivos electrónicos 

                · O correcto aproveitamento dos smartphone  

                · Cloud computing 

                · Comercio electrónico  

                · Mercadotecnia e mercadotécnica nas redes  

                · Vendas no muro  

                · Posicionamiento social  

                · Creación de blogs  

                · Redes sociais  

                · Administración Electrónica 

                · Trámites económicos na Internet 

                · Factura electrónica  

                · Tramitación electrónica e xestión de documentación  

                · Seguridade en compras virtuais 

                · Innovación social