subscricion Subscricións novas rss Novas RSS contacto Contacto

A CeMIT de Oroso oferta un curso gratuíto de edición de imaxes con GIMP.


orosoO Concello de Oroso, a través da Aula CeMit, oferta un curso gratuíto de edición de imaxes con GIMP, que terá unha duración de 16 horas impartidas ao longo de oito sesións formativas a celebrar nas mañans entre o 12 e o 22 de maio. As inscricións poden realizarse na Aula Mentor EducaOroso (rúa do Deporte 7, Sigüeiro) ou no 981 688 950.

O obxectivo deste curso é que o alumnado aprenda o manexo básico do software GIMP, o que lles permitirá crear carteis sinxelos, facer pequenos retoques nas súas fotografías ou realizar montaxes simples combinando os coñecementos aprendidos. As clases terán lugar en horario de mañá: de 10:00 a 12:00 horas de luns a xoves (do luns 12 de maio ata o xoves 22 de maio.