subscricion Subscricións novas rss Novas RSS contacto Contacto

O Obradoiro de Teatro Infantil do Concello de Oroso porá en escena “Os amantes de Nápoles” este mércores no centro cultural.


 

O Obradoiro de Teatro Infantil do Concello de Oroso pechará o curso 2016/2017 cunha representación este mércores 14 de xuño, ás 20:00 horas, no centro cultural de Sigüeiro. Os rapaces e rapazas orosáns porán en escea “Os amantes de Nápoles”, unha versión libre da obra “O achado do Castro”, de Manuel Núñez Singala, e adaptado e dramatizado por Anna G. Reig. A entrada á actuación, incluída no programa “Mergúllate na Cultura 2017”, é totalmente libre e de balde ata completar aforo.