subscricion Subscricións novas rss Novas RSS contacto Contacto

Manifesto LGTB.


orosoNeste ano 2017 reivindicamos o dereito das persoas bisexuais, diversas e iguais, que a pesares de vivir nunha sociedade libre, viven nun escenario social, que sigue condenando o colectivo LGTB a violencia, a exclusión e o sufrimento. Debemos de facer especial fincapé, nas persoas adolescentes e mozos , que son obxecto de discriminación nos diferentes ámbitos da súa vida, especialmente no educativo.

Por este motivo debemos instar os diferentes poderes públicos a que leven a cabo unha serie de medidas elementais, que transformen as condicións de vida das persoas LGTB, e se garanta a súa liberdade, favorecendo a diversidade. Debemos de loitar para que se leven a cabo os seguintes cambios:

  • A adopción de políticas educativas, a favor da diversidade sexual e a igualdade de xénero, que logren un efecto preventivo ante as diferentes situacións de acoso nas aulas.
  • A reforma da lei de identidade de xénero,na que se aposte por un enfoque que defenda a autonomía das persoas transexuais y que promova o respecto e a igualdade de trato en calquera situación e contexto
  • Que se teña en conta a inclusión das necesidades das persoas transexuais dentro da Carteira Básica de prestacións do Sistema Sanitario de Saúde.
  • Que os medios de comunicación asuman una visión respectuosa e inclusiva para rematar cos estereotipos que conducen á homofobia.
  • Un plan de formación para os profesionais da administración, o ámbito social, educativo e da saúde sobre as múltiples manifestacións da diversidade humana e a súa especial atención.
  • A loita prioritaria contra a VIH-SIDA, que leve consigo un pacto de estado, que asegure máis recursos en materia de prevención e investigación, ó igual que cambios na lexislación para garantir que o feito de vivir con VIH non sexa motivo de exclusión.

Entre todos e todas debemos de contribuír a que as novas xeracións do colectivo LGTB, que dende a infancia mostran a súa desconformidade co xénero asinado ó nacer, gocen dos mesmos dereitos e deberes que o resto de nenos e nenas.

Desexamos que chegue o día no que todas as reivindicacións feitas sexan realidade, e nos convertan nunha sociedade mellor, onde todos teñamos os mesmos dereitos, sen discriminación algunha.