subscricion Subscricións novas rss Novas RSS contacto Contacto

A Aula Mentor EducaOroso incorpora 2 novos cursos á súa oferta formativa: "Crea a túa tenda virtual con OpenCart" e "Atención telefónica".


orosoAula Mentor EducaOroso vén de incorporar dous novos cursos á súa oferta formativa: "Crea a túa tenda virtual con OpenCart" e "Atención telefónica". A matrícula nestes dous cursos ou en calquera dos 150 cursos que oferta a Aula Mentor EducaOroso está aberta permanentemente, coa excepción do mes de agosto. Máis información, na propia Aula (rúa do Deporte 7, Sigüeiro) ou no 981 688 950.

Crea a túa tenda virtual con OpenCart

OpenCart é unha plataforma de código aberto baseada en PHP para a xestión de tendas de venda a través de Internet. O crecente, e imparable, incremento das vendas a través da rede fai necesaria a capacidade de adaptarnos ao novo medio ao que nos enfrontamos. Coa realización do presente curso preténdese poñer a disposición de todos os usuarios unha ferramenta máis para emprender un negocio ou mellorar un existente.
Ao finalizar o curso poderás ter o teu catálogo de produtos na rede e a capacidade de administrar a túa propia tenda virtual.

Atención Telefónica

Cada vez máis, as organizacións empresariais valoran o poder que ten a atención telefónica e incorpórana como estratexia de imaxe. É un valor engadido á compañía e, ben xestionada, é unha vantaxe competitiva. Por todo iso, rodéanse de profesionais que ofrezan unha exquisita atención aos seus clientes.
O obxectivo principal do curso consiste en que o alumno desenvolva e adquira as habilidades comunicativas necesarias para unha correcta atención telefónica, ademais de incorporalas á súa vida profesional.