subscricion Subscricións novas rss Novas RSS contacto Contacto

A Aula Mentor permitirá conxelar os cursos activos por mor das vacacións.


 

O Concello de Oroso informa aos alumnos e alumnas da Aula Mentor de que a partir do vindeiro 18 de xuño poderán conxelar temporalmente os cursos aos que estean asistindo por mor das vacacións de verán.

Conxelación voluntaria de matrículas

Tal e como figura no documento de dereitos e deberes dos alumnos, a partir do luns 18 de xuño e ata o 30 de xullo, os alumnos da Aula Mentor EducaOroso poderán conxelar a solicitandoo na aula, con excepción dos alumnos matriculados nos cursos Cisco ou nas iniciativas singulares (FEM, PROGRESA, Cursos gratuitos, Semipresenciais, etc)

Para conxelar unha matrícula o proceso é o seguinte:
1º Acceder desde o CVE ao menú “Mansajería”.
2º Crear un correo novo para “Adminsitrador Aula”.
3º Solicitar a conxelación da matrícula indicando a data que se desexe.

Os alumnos o cales a matrícula foi conxelada voluntariamente poden solicitar ao seu administrador de aula a desconxelación da mesma ao longo do mes de setembro. Si non o fan, o 1 outubro desconxelaranse automáticamente todas as matrículas conxeladas por este método.

Conxelación Agosto

As matrículas que non se conxelen voluntariamente serán conxeladas automáticamente o día 1 de Agosto e desconxeladas de novo automáticamente o 1 de setembro.