Deseño web con HTML e CSS.
O Concello de Oroso convoca un Curso de deseño web con HTML e CSS, que terá lugar entre o luns 25 e o xoves 28 de xullo en horario de 10:00 a 12:00 horas. Un curso gratuito, de dez horas de duración que terá lugar na Aula CeMIT de Sigüeiro-Oroso e para o que é preciso matricularse antes do 24 de xullo neste enlace: https://cemit.xunta.gal/actividade/25283.
Este curso pretende iniciar ao alumnado nos coñecemento básico sobre a programación web con HTML e CSS a través do programa "Editor Bluefish":
-HTML e CSS. Estándares implicados
-Etiquetas principais. Tipos
-Atributos principais.
-Táboas.
-Formularios
-CSS. Formatado básico e selectores principais.
-Posicionamento e deseño con contedores.
-Deseño responsive
-Servizos de publicación.