subscricion Subscricións novas rss Novas RSS contacto Contacto

Visita ao Summer Camp e o Punto Limpo.


orosoO alcalde de Oroso, Manuel Mirás, e a concelleira de Benestar Social, Ensino e Atención á Infancia, Beatriz Rodeiro, visitaron aos nenos e nenas que participan no campamento do Summer Camp para facerlles entrega do caderno verde de Troi, onde se explica que cousas se deben de tirar a cada colector, así como que residuos se admiten no Punto limpo do concello e os números de interese para as recollidas.

Esta entrega das libretas foi previa á visita dos nenos e nenas ao Punto limpo, onde aprenderon como se tratan os residuos que chegan alí. Concienciar aos máis pequenos é fundamental para coidar o medio ambiente.

O punto limpo Oroso Verde é unha instalación que, logo da colocación dunha compostadora industrial, “permite que Oroso sexa un municipio cada vez máis limpo e sostible medioambientalmente, un obxectivo prioritario para o noso goberno”, explica o alcalde, Manuel Mirás.

O punto de reciclaxe está no polígono industrial Oroso Pequeño e o xestiona a empresa Servizos Obras e Limpezas (o seu teléfono de contacto é 636 171620). O horario de apertura é de 14:30 a 18:30 horas, de luns a venres, e de 10:00 a 14:00 horas os sábados.

En Oroso Verde poden depositarse diversos residuos para a súa clasificación, separación e posterior reciclaxe. O concello habilitou tamén un lugar especial para a recollida de plásticos agrícolas e entullos de obra, de uso exclusivo para particulares.