subscricion Subscricións novas rss Novas RSS contacto Contacto

Oroso participa no programa Galeuropa.


orosoO Concello de Oroso participa un ano máis no programa Galeuropa e nesta ocasión serán catro os mozos e mozas do municipio que reciban formación para mellorar a súa empregabilidade en Turín (Italia) e Derry (Irlanda).

Ademais, gracias á formación que reciben reforzarán as súas competencias profesionais para favorecer a súa inserción laboral, adquirindo por outra parte coñecementos en idiomas estranxeiros.

Os catro mozos e mozas foron recibidos polo alcalde de Oroso, Manuel Mirás, e a pola concelleira de Ensino, Beatriz Rodeiro, que coñeceron os seus proxectos e os seus obxectivos nos destinos escollidos.

Durante a súa estancia no estranxeiro, realizarán prácticas empresariais. O programa cubre a manutención, seguro, viaxe, aloxamento e preparación lingüística.

“Para o Concello de Oroso, é prioritario participar en iniciativas deste tipo, xa que a formación das novas xeracións é un dos piares do noso programa de goberno”, aseguran Mirás e Rodeiro.

Galeuropa é un programa de Mobilidade Transnacional Xuvenil cofinanciado pola Consellería de Política Social, pola Iniciativa de Emprego Xuvenil e o Fondo Social Europeo, dentro do Programa Operativo de Emprego Xuvenil que desenvolve a Mancomunidade de Ordes.