subscricion Subscricións novas rss Novas RSS contacto Contacto

Publicada a convocatoria de probas Celga 2 e 4.


 

Convocadas as probas para a obtención dos certificados acreditativos dos niveis de lingua galega Celga 2 e 4 durante o ano 2018. Poderán participar as persoas maiores de dezaseis anos ou que os fagan no ano natural da convocatoria, nacionais ou estranxeiras.

Datas de realización das probas

As probas do Celga 2 e do Celga 4 terán lugar entre a segunda quincena de novembro e a primeira fin de semana de decembro de 2018. As datas concretas serán debidamente publicitadas no Diario Oficial de Galicia, así como na páxina web da Secretaría Xeral de Política Lingüística (http://www.lingua.gal).

Localidades onde se realizarán as probas e niveis

As probas realizaranse en Santiago de Compostela e en Ponferrada.
As sedes e horarios de realización das probas publicaranse na páxina web da Secretaría Xeral de Política Lingüística (http://www.lingua.gal) xunto coas listaxes definitivas das persoas admitidas.

Presentación de solicitudes e prazo

As persoas que desexen inscribirse nas probas Celga deberán cubrir o formulario de solicitude, segundo o modelo ED114A, e aboar a taxa que se indica na convocatoria. O prazo de entrega e dende o 15 de setembro ao 4 de outrubro (20 dias naturais dende o día seguinte da publicación no DOG).

O formulario de solicitude estará dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, no enderezo https://sede.xunta.gal. Deberán indicar nel a proba ou as probas a que solicitan presentarse, así como a localidade, e dirixilo á Secretaría Xeral de Política Lingüística.

Máis información en https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2018/20180914/AnuncioG0164-100918-0003_gl.html