subscricion Subscricións novas rss Novas RSS contacto Contacto

A Aula CeMIT do Concello de Oroso convoca oito xornadas gratuitas de ciberseguridade.


orosoA aula CeMIT do Concello de Oroso celebrará unhas xornadas dirixidas a todas as persoas que teñan interese nas novas tecnoloxías e na ciberseguridade. Estas xornadas están divididas en 8 módulos de ciberseguridade de 2 horas cada módulo, un por día de luns a xoves dendo o día 15 ata o 25 de outubro en horario de mañá de 10 a 12 horas.

As xornadas atenden a información obtida das Xornadas INCIBE (Instituto Nacional de Ciberseguridade) “Espazos de Ciberseguridade”, podes saber máis neste enlace https://www.incibe.es/jornadas-incibe-espacios-ciberseguridad/estudiantes

Módulos

.- O meu ordenador é un zombi:
Funcionamento das redes botnets, así como o seu proceso de creación e infección.

.- Fundamentos do análise de sitios web:
Funcionamento dun sitio Web. Detección, identificación, análise e forma de explotar as vulnerabilidades web.

.- Análise de malware en android:
Prácticas máis habituais de análise de malware en dispositivos Android.

.- Espionaxe e cibervixilancia
Análise das diferentes técnicas e ferramentas utilizadas para realizar as labores de espionaxe e cibervixilancia.

.- Fundamentos do análise de sistemas
Identificación, análise e explotación das principais vulnerabilidades dos servizos soportados por un servidor.

.- Forense en Windows
En qué consiste e principais técnicas do análise forense en sistemas Windows.

.- Programación segura de sitios web
Identificación dos principais requisitos a ter en conta para desenvolver aplicacións web seguras.

.- Seguridade Wifi (Requiriría tarxeta de rede inalámbrica)
Seguridade dos dispositivos Wifi. Funcionamento dun punto de acceso falso.

Para realizar a matrícula deberá cumprimentar o formulario do seguinte enlace https://cemit.xunta.gal/actividade/26552

Máis información na Aula Mentor Educaoroso: educaoroso@oroso.gal ou no teléfono 981973927.