subscricion Subscricións novas rss Novas RSS contacto Contacto

Implementación de tendas WordPress con WooCommerce


orosoA aula CeMIT de Oroso ofrece un curso de implementación de tendas WordPress con WooCommerce, para que calquera persoa adquira os coñecementos básicos necesarios para a posterior posta en marcha dunha tenda en Internet.

O curso desenvolverase dende o 23 de novembro ata o 26 de novembro en horario de 10 a 12 horas, podendo elixir entre a modalidade presencial e online.

Contidos do curso

WordPress e WooCommerce
Instalación e configuración básica
Produtos
Menús e complementos
Xestión de pedidos
Como facer cupóns de desconto
Consellos

Para quen é este curso de Introdución a Wordpress?

Este curso está pensado para calquera usuario que teña manexo do ordenador a nivel usuario e servirá para que adquirir os coñecementos básicos necesarios para a posterior posta en marcha dunha tenda en Internet.

Con Woocommerce, neste curso poderás poñer en marcha calquera tipo de tenda xa sexa de produtos físicos ou virtuais.

Non é necesario que ter coñecementos avanzados de WordPress para realizar este Curso, aínda que mellor e ter realizado o Curso de Introdución a WordPress e así ampliar os teus coñecementos, o que che servirá para entender mellor os termos abordados no curso.

Como funciona este Curso?

O deseño do curso é moi sinxelo a través de prácticas guiadas, require que previamente solicites a matrícula no seguinte enlace: https://cemit.xunta.gal/actividade/34800

O curso contará con 6 prazas presenciais e 6 por vídeo conferencia. Para estas últimas ademais de solicitar a matrícula debes enviar un mail a educaoroso@oroso.gal indicando o curso e modalidade elixida.

Solicita a túa matricula:

https://cemit.xunta.gal/actividade/34800

Mais información:

Aula de Formación EducaOroso
Rúa do Deporte, nº 7 – Sigüeiro
15888 – Oroso
Correo: educaoroso@oroso.gal
Telf.: 981973927