Apertura do prazo de matriculación nos centros educativos
A Concellaría de Ensino do Concello de Oroso informa da apertura do prazo para a matriculación do alumnado nos centros educativos do municipio: CRA de Oroso, CEIPP Camiño Inglés, CEIPP Sigüeiro e IES de Oroso.
Unha das principais vantaxes que ten o matricular a cativada nos nosos centros é o trato directo entre educadores e os diversos actores da educación que fan desta unha relación case familiar. En definitiva, en Oroso terás proximidade e calidade.
A presentación das solicitudes de admisión de nova matrícula e traslados para calquera dos centros será dende o 1 ao 20 de marzo.
A formalización de matrícula, do 20 ao 30 de xuño para Educación Infantil e Primaria, e do 25 de xuño ao 10 de xullo para ESO e Bacharelato.
Xornada de portas abertas
Debido ao protocolo de adaptación ao contexto da Covid-19 as xornadas serán virtuais.
Máis información nas webs dos centros:
CEIP Camiño Inglés
CEIP Sigüeiro
CRA Oroso