subscricion Subscricións novas rss Novas RSS contacto Contacto

Edición de imaxes con GIMP


orosoA aula de formación EducaOroso pon en marcha un novo curso de edición de imaxes a través do software libre GIMP. As xornadas terán lugar pola mañá de 10:30 a 12:00 horas os días luns 22, mércores 24, xoves 25, luns 29 e martes 30 de maio.

O obxectivo de esta actividade é aprender o manexo básico do software GIMP. Empezando polo uso das ferramentas que nos proporciona este programa, aprenderemos a crear carteis sinxelos, facer pequenos retoques nas nosas fotos e realizar montaxes simples combinando os coñecementos aprendidos.

Contidos
. Introdución da interface gráfica
· Conceptos básicos de imaxes dixitais
· Uso de capas
· Ferramentas de selección
· Uso de outras ferramentas
· Retoques que podemos facer nas nosas fotos
· Cartel sinxelo
· Montaxes simples

Solicita a túa praza no seguinte enlace: https://cemit.xunta.gal/gl/formacion/formacion-presencial/42083