subscricion Subscricións novas rss Novas RSS contacto Contacto

O Concello de Oroso clausura este venres cunha festa con inchables os cursos de natación con máis participantes da súa historia.


 

O Concello de Oroso celebrará este venres 31 de xullo a clausura dos seus cursos de natación cunha gran festa con inchables na piscina municipal de Sigüeiro. Uns cursos nos que tomaron parte un total de 196 persoas, 178 nenos e 18 adultos, o que supón un incremento do 50% sobre a media dos últimos cinco anos. Un incremento que tamén se ve reflectido no número de visitantes. Así, nos primeiros 45 días da piscina se tramitaron 578 carnés de socio e máis de 4.000 entradas.

A festa estará aberta a toda a veciñanza e que dará comezo ás 16:30 horas, con actividades de animación e inchables acuáticos. O acceso será libre e de balde. A iso das 18:30 horas, o alcalde de Oroso, Manuel Mirás, e a concelleira de Muller, Sanidade, Piscina municipal e Parroquias, María del Carmen Liste Raña, farán entrega dos diplomas dos cursos de natación 2015, celebrados durante este mes de xullo. A festa rematará a iso das 19:00 horas.