subscricion Subscricións novas rss Novas RSS contacto Contacto

O Concello de Oroso organiza un curso gratuíto de autodefensa para mulleres.


 

O Concello de Oroso organiza un curso gratuíto de autodefensa para mulleres, que terá lugar todos os mércores do mes de novembro no complexo deportivo Juanito Amigo de Sigüeiro en horario de 10:00 a 11:30 horas. As veciñas de Oroso interesadas en participar só teñen que inscribirse no Servizo de Emprego de Oroso, na rúa do Deporte 9, baixo ou chamando ao teléfono 981 688 950.

Baixo o lema “Cambia a túa actitude”, este curso de autodefensa dá continuidade ao obradoiro de autoprotección para mulleres organizado polo Concello de Oroso o ano pasado. En ambos casos, trátase de promover o uso das artes marciais como elemento de prevención emocional e física contra a violencia de xénero. Así, e da man dun especialista, as mulleres participantes aprenderán técnicas de defensa ante calquera perigo.