subscricion Subscricións novas rss Novas RSS contacto Contacto

Oroso organiza diferentes actividades con motivo do Día Internacional da Muller.


O concello fará unha homenaxe ás mulleres empresarias do municipio.

O Concello de Oroso únese como cada ano ás actividades con motivo do 8 de marzo, Día Internacional da Muller. Pola mañá, haberá actividades para os centros de ensino, en concreto a representación teatral ‘O país dos mandóns’ no centro cultural. Asistirán os alumnos de Educación Infantil do municipio.

Xa pola tarde, haberá ás 21.15 horas unha homenaxe ás mulleres empresarias de Oroso, a entrega de premios do VIII concurso de fotografía ‘Muller Traballadora’ e varias actuacións musicais. Será tamén no centro cultural Fernando Casas e Novoa.