subscricion Subscricións novas rss Novas RSS contacto Contacto

Oroso tínguese de negro contra a violencia machista.


orosoOroso celebrou hoxe os actos centrais da campaña ‘En negro contra as violencias’ polo Día Internacional de Loita Contra a Violencia ás Mulleres. No acto central celebrado no pavillón, centos de nenos e nenas demandaron igualdade de xénero en todos os ámbitos. Aos actos asistiron o alcalde de Oroso, Manuel Mirás, a concelleira de Muller, María del Carmen Liste, e os concelleiros Eduardo Veiras e Luis Rey.

María del Carmen Liste foi a encargada de ler un manifesto no que aseguraba que “a loita contra a violencia machista debe ser unha prioridade institucional e poli?tica para as administracio?ns de todos os niveis de goberno, polo que e? preciso un consenso institucional, poli?tico e social, asi? como a coordinación entre as diferentes administracio?ns con competencia na materia”.

“Nos u?ltimos tempos fomos avanzando na visibilizacio?n dalgunhas violencias machistas grazas ao traballo de mobilizacio?n e concienciacio?n dos diferentes movementos de mulleres”, engadiu Liste, “pore?n temos que seguir avanzando, tame?n nas institucio?ns, e non podemos caer na falsa imaxe de que porque sexa ma?is visible ca en anos atra?s ou haxa un marco legal ma?is amplo e? suficiente”.

Despois do manifesto, o alumnado do IES Oroso interpretou a canción ‘‘O respecto para cando’. Ademais, no CEIP Sigüeiro representouse a obra de teatro ‘Martiña Soñadora’ e o comercio local participou nun peche simbólico.

A concelleira de Muller de Oroso agradeceu de novo “a gran implicación do comercio e de moitos outros colectivos do concello”