subscricion Subscricións novas rss Novas RSS contacto Contacto

IX Concurso de fotografía. "Muller Traballadora".


Documentación

Concurso de fotografía

1. Denominación
IX CONCURSO DE FOTOGRAFÍA DE OROSO “A MULLER TRABALLADORA

2. Obxectivos
Con motivo do Día Internacional da Muller no que se conmemora a loita da muller pola súa participación e igualdade de xénero na sociedade e no seu desenvolvemento íntegro como persoa, convócase este concurso, centrado no ámbito do traballo e co que se pretende que a través das imaxes se reflicta o traballo das mulleres en calquera eido.

3. Crédito orzamentario
O importe dos premios previstos nestas bases imputarase á partida 231.489.00 do orzamento municipal.

4. Requisitos adicionais dos participantes
Poderán presentarse todas as persoas empadroadas en concellos DA COMARCA DE ORDES e SANTIAGO DE COMPOSTELA.

5. Documentación adicional a presentar polos concursantes
Xunto co solicitude participación presentarase un sobre pechado, no que figure o nome e apelidos do participante e o concurso a que pertence que incluirá:

1º) Fotografías a concursar, coas seguintes limitacións:
a) O número de fotografías que pode presentar cada participante estará limitado a 3.
b) O formato das fotografías será de 20x30cm en papel fotográfico. Admitiranse fotos en cor e en branco e negro quedando prohibido o uso de programas de retoque fotográfico. As fotografías presentaranse sen montar, sen paspartú, marco nin cristal. E sen datos persoais que poidan identificar á persoa autora.
c) Aquelas fotografías nas que apareza unha persoa identificable, deben contar co consentimento da persoa retratada. A non presentación deste anexo implica quedar excluído/a no devandito concurso. Cada fotografía levará un título escrito por detrás, xunto co pseudónimo que indique o autor ou autora.

2º) CD coa fotografías en formato dixital no que figure o título.
3º) Anexo de autorización e uso de dereitos de imaxe.

6. Prazo de presentación de solicitudes
O prazo para a presentación de solicitudes rematará o día 22 de febreiro de 2019.

No suposto de remisión da documentación por correo postal, o participante xustificará a data de imposición do envío na oficina de correos e anunciará a este concello a remisión das fotografías, mediante fax (981691786) ou telegrama ata o día 22 de febreiro de 2019 ás 21.00 horas. Sen a concorrencia de ambos os requisitos non serán admitidas as fotografías, se son recibidas por este organismo con posterioridade á data de terminación do prazo.

Porén, logo de transcorrer os 5 días hábiles seguintes á data indicada sen recibirse as fotografías estas non será admitidas en ningún caso.

7. Obrigas adicionais dos participantes

1º) Para poder recibir o premio é condición imprescindible estar presente no acto de entrega. No caso de non poder acudir, pódese enviar unha persoa representante, coa autorización expresa do/a titular da fotografía premiada.
O fallo do xurado darase a coñecer no marco das celebracións do Día Internacional da Muller o 8 de marzo de 2019 ás 20.00 horas no Centro Cultural Fernando de Casas e Novoa (de selo caso de non estar dispoñible o Concello designará outro lugar para a entrega, previo aviso).

2º) Aqueles concursantes que sexan premiados deberán acreditar o seu empadroamento en un concello DA COMARCA DE ORDES ou de SANTIAGO DE COMPOSTELA con data anterior á convocatoria dos premios coma requisito para o seu cobro.

8. Premios

A. Premios en metálico CATEGORÍA XERAL para participantes maiores de 16 anos:

• 1º Premio : 250 €
• 2º Premio : 150 €
• 3º Premio : 100 €

B. Premios en especie CATEGORÍA INFANTIL. A trocar en establecementos do concello de Oroso.

• 1º Premio : Vale agasallo valorado en 100 €
• 2º Premio : Vale agasallo valorado en 60 €
• 3º Premio : Vale agasallo valorado en 40 €

9. Órgano instrutor
Concellería Muller.

10. Composición do xurado
O xurado estará integrado polos seguintes membros:

- Presidente/a: Concelleira de Muller
- Vocal 1: técnica CIM da Mancomunidade de Municipios da Comarca de Ordes
- Vocal 2: técnica servizo sociais
- Vocal 3: técnico Concello Oroso
- Vocal 4: fotógrafo/a profesional do concello Oroso
- Secretaría: Axente de Emprego e Desenvolvemento Local da Mancomunidade de Municipios da Comarca de Ordes.

11. Criterios de valoración
A selección das fotografías realizarase tendo en conta a súa calidade técnica e artística e o grao no que foran capaces de captar a esencia da temática do concurso.

No caso no que o xurado así o estime todos ou algúns dos premios poderían quedar desertos.