subscricion Subscricións novas rss Novas RSS contacto Contacto

Primeira actividade do programa "Oroso de Corazón" do Concello de Oroso


orosoOnte celebrouse unha xornada de reanimación cardiopulmonar básica para cidadáns, impartida polo centro de saúde de Oroso.

O Concello de Oroso comezou desta maneira a súa iniciativa ‘Oroso de Corazón’, co obxectivo de convertirse nun municipio cardioprotexido e impulsar os hábitos de vida saudables entre os seus veciños e veciñas.

“Esta pandemia fíxonos reflexionar sobre a importancia da saúde e de estar moi preto da xente, temos que ter claro o que é importante, por iso pensamos nesta iniciativa para fomentar a cultura da vida saudable, con charlas, cursos e diferentes iniciativas”, explica o alcalde, Luis Rey Villaverde

Entre as actuacións que farán de Oroso un concello cardioprotexido, están os cursos de reanimación, masaxe cardíaco e maniobras ante casos de asfixia para a veciñanza; a formación sobre uso de desfibriladores para clubes deportivos, asociacións e centros educativos, e sesións formativas sobre alimentación, nutrición e consellos para evitar a obesidade infantil.

Haberá tamén outras iniciativas para fomentar os hábitos de vida saudable entre os orosáns, como as andainas, e xornadas para que os veciños e veciñas poidan medirse a tensión, o azúcar e outros parámetros.