subscricion Subscricións novas rss Novas RSS contacto Contacto

O Concello de Oroso recupera a súa Festa da Xuventude o próximo 14 de abril na Alameda de Góis coas orquestras París de Noia e Finisterre


orosoO Concello de Oroso recupera este ano a súa tradicional Festa da Xuventude, tras o parón obrigado en 2020 e 2021 pola pandemia do coronavirus.

O próximo 14 de abril, xoves, desde as 22:00 horas haberá pulpeira e a actuación das orquestras París de Noia e Finisterre na Alameda de Gois.

“É un motivo de ledicia recuperar a normalidade despois da pandemia e a nosa programación habitual para a primavera e o verán”, asegura o alcalde, Luis Rey Villaverde.

“A Festa da Xuventude é unha cita xa clásica no noso calendario, estamos convencidos de que esta edición será un éxito”, engade.