subscricion Subscricións novas rss Novas RSS contacto Contacto

O Concello de Oroso e o club ciclista Tambre Bike organizan o I Gran Premio Concello de Oroso, que terá lugar o sábado 28 de febreiro.


Dirixido a ciclistas federados Máster, incluirá tres modalidades (30, 40 e 50/60 anos), terá un percorrido de 64 kms e as inscricións faranse unha hora antes da carreira

orosoO Concello de Oroso e o club ciclista Tambre Bike organizan o primeiro Gran Premio Concello de Oroso de ciclismo, unha competición federada que terá lugar o sábado 28 de febreiro, de 16:00 a 18:00 horas. Dirixido unicamente a ciclistas federados máster (30, 40 e 50/60), esta carreira de ciclismo en ruta terá un percorrido de 64 quilómetros con saída e chegada na rúa da Cultura de Sigüeiro.

As inscrición faranse o propio sábado 28 de febreiro, a partir das 15:00 horas, no Centro Cultural de Oroso. No momento da anotación pedirase a licenza Máster e se entregará o dorsal. As licencias federativas devolveranse aos participantes no momento que estes devolvan o dorsal á organización.

O percorrido da proba transcorre integramente polo Concello de Oroso. Trátase de dar 12 voltas a un circuíto de algo máis de 5 kms sobre asfalto, con saída e chegada na rúa da Cultura (Sigüeiro). Os ciclistas pasarán tamén pola avenida da Grabanxa, Penateixa, A Gándara, Oroso de Abaixo, Oroso Pequeno, O Franco, avenida Álvaro Cunqueiro e Rúa Camiño Inglés.


Máis información facebook Club Ciclista Tambre Bike.

Plano do percorrido da carreira

Bando informativo das rúas que estarán cortadas durante o I Gran Premio do Concello de Oroso así como das rúas que estará prohibido o estacionamento.