subscricion Subscricións novas rss Novas RSS contacto Contacto

As orquestras Panorama e Atenas ofrecerán mañá mércores en Sigüeiro a verbena aprazada na XXI Festa da Troita.


 

As orquestras Panorama e Atenas ofrecerán este mércores 24 de maio, a partir das 21:30 horas, unha gran verbena na Alameda de Góis (Sigüeiro-Oroso). Trátase da actuación prevista inicialmente para o pasado sábado 13 de maio, dentro do programa da XXI Festa da Troita pero que tivo que ser aprazada polas malas condicións meteorolóxicas.

O Concello de Oroso confirma que se apostou por comezar sobre as 21:30 horas para tratar de perturbar o menos posible o descanso dos veciños e veciñas de Sigüeiro, toda vez que o xoves 15 non é festivo local no municipio. Porén, explica que o 24 de maio era a única data dispoñible no calendario de ambas orquestras ata a chegada do inverno, opción que non foi considerada ao estar fora do tempo establecido no contrato asinado pola Administración e as orquestras para a realización desta actuación.