subscricion Subscricións novas rss Novas RSS contacto Contacto

O Concello de Oroso organiza un campamento xuvenil en Ribadeo para nenos e nenas de 7 a 14 anos e que terá lugar do 18 ao 29 de agosto.


 

O Concello de Oroso abre o prazo de inscrición para o seu campamento xuvenil de verán, que terá lugar do 18 ao 29 de agosto en A Devesa (Ribadeo-Lugo) e que está dirixido a nenos e nenas de entre 7 e 14 anos. Un campamento emprazado a carón da famosa Praia das Catedrais e que inclúe diferentes actividades.

Os prezos do campamento xuvenil mantéñense un ano máis nos 140 euros (empadroados/as) e 190 euros (non empadroados/as) e inclúen tanto os desprazamentos como a participación nas actividades e o aloxamento e manutención por eses once días. O prazo de anotación estará aberto ata completar o número de prazas dispoñibles, tendo preferencia os veciños e veciñs empadroados/as en Oroso. Máis información e inscricións no centro cultural Fernando de casas e Novoa, no 981 690 903 ou en www.concellooroso.com.