subscricion Subscricións novas rss Novas RSS contacto Contacto

O centro cultural de Sigüeiro acollerá este domingo a representación de “As fabas máxicas”, de Caramuxo Teatro.


orosoO centro cultural de Sigüeiro acollerá este domingo 12 de novembro, ás 18:00 horas, a posta en escena de “As fabas máxicas”, un espectáculo de monicreques e actor de Caramuxo Teatro. Unha proposta de lecer en familia para nenos e nenas a partir de 4 anos, cunha coidada estética e na que o humor, a emoción e a poesía mestúranse para dar unha visión contemporánea do coñecido conto infantil. A entrada é totalmente libre e de balde.

Caramuxo Teatro, compañía de teatro infantil e familiar nada na Coruña en 2003, presentará en Sigüeiro un espectáculo contado en primeira persoa a través do teatro de actor e de monicreques.Nesta versión, Xan vive nun pequeno apartamento dun dos edificios mais altos de New York e, coidando as plantas da súa terraza, descobre algo sorprendente que lle lembra unha asombrosa infancia chea de aventuras.