subscricion Subscricións novas rss Novas RSS contacto Contacto

Óscar Boo, Mónica Conde, Elba Blanco e Miguel Vázquez gañan o Concurso de Postais de Nadal con Mensaxe do Concello de Oroso.


orosoO alcalde de Oroso, Manuel Mirás, entregou durante a Festa de Reis os premios do tradicional Concurso de Postais de Nadal con Mensaxe do Concello de Oroso. Os gañadores deste ano son Óscar Boo Platas (categoría de 4 a 6 anos), Mónica Conde Castiñeira (categoría de 7 a 9 anos), Elba Blanco Martínez (categoría de 10 a 13 anos) e Miguel Vázquez Varela (categoría de maiores de 14 anos).

Elba Blanco repite vitoria no concurso, que gañara hai anos na categoría de 4 a 6 anos, mentres que Miguel Vázquez continúa coa súa progresión coma artista, logo de ter participado na exposición colectiva de novos talentos organizada polo Concello de Oroso. Todos eles levaron como premio un lote de libros e as súas postais serviron para felicitar o Nadal a centos de veciños, pois estiveron dispoñibles a través da páxina web dende que se fixo público o fallo do xurado.

[VER POSTAIS]