subscricion Subscricións novas rss Novas RSS contacto Contacto

O Concello de Oroso celebra este fin de semana a XXII Festa da Troita e espera máis de 30.000 visitantes.


“Os días 11, 12 e 13 maio somos a capital da gastronomía e da festa en Galicia”, asegura o alcalde, Manuel Mirás.

O Concello de Oroso celebra os días 11, 12 e 13 de maio a XXII Festa da Troita. O municipio convértese este fin de semana na capital da gastronomía o do ocio en Galicia, xa que está prevista a asistencia de máis de 30.000 persoas.

No amplo programa deste ano, hai espazo para as orquestras, os bailes, os tradicionais campionatos de pesca, espectáculos de maxia, obradoiros infantís e charangas. Todo comezará o venres 11 pola noite co festival Oroso en Vivo. Como non podía ser doutra maneira, haberá tamén as tradicionais degustacións de troita, coa colaboración dos establecementos de hostalaría de Oroso, e o xantar popular do domingo 13 de maio, na carpa da alameda de Góis.

“Para todos os veciños e veciñas de Oroso, é un orgullo e un motivo de ledicia acoller a XXII Festa da Troita; como cada mes de maio, demostraremos que somos un concello acolledor, con moito que ofrecer desde un punto de visto gastronómico, paixasístico e lúdico”, asegura o alcalde, Manuel Mirás.

“Festa de Interese Turístico Galego desde o 2009, no mes de maio somos a capital da gastronomía e dos eventos populares en Galicia polo esforzo de todos e cada un dos veciños e veciñas de Oroso, pola súa participación nesta festa e polo agarimo con que tratan aos visitantes que enchen as nosas rúas”, engade o alcalde.