subscricion Subscricións novas rss Novas RSS contacto Contacto

Día do Deporte Oroso 2018.


 

orosoO Concello de Oroso celebra o próximo venres 15 de xuño o Día de Deporte 2018. Como peche da xornada, haberá un acto para recoñecer o traballo de todos os clubs deportivos do municipio, cun agradecemento á función social que realizan en beneficio da veciñanza en xeral, ademais de representar ao Concello de Oroso nas diferentes competicións e eventos nos que participan.

O alcalde, Manuel Mirás, e o concelleiro de Deportes, Luis Rey, abrirán o acto, para proceder posteriormente a facer un recoñecemento ao traballo dos seguintes clubs: Club Leones BBC Béisbol; Club Oroso Fútbol Sala; Club Escola Deportiva Xuventude Oroso; Club Taekwondo ITF Oroso; Club Hípico Amazonas e Cabaleiros de Oroso; Club Ciclista e Running Tambre Bike; Club Oroso Tenis de Mesa; Club Xadrez Oroso; Club Ximnasia Oroso; Club SD Deixebre; Club Tenis de Mesa Espedregada Oroso; Club Sigüeiro FC; Club Oroso Motor Sport; Club Patín Oroso; Escola de Judo ANPA A Nosa Escola; Club CrossPadel Sigüeiro, e Escola de baloncesto Obradoiro CAB-CEIP Camiño Inglés-Concello de Oroso.

Ademais, entregaranse os recoñecementos ao mellor deportista do ano; á traxectoría ou dedicación ao deporte en Oroso; ao mellor club do ano; á colaboración con eventos deportivos municipais, e ás empresas que apoian e colaboran co deporte en Oroso. No acto, todos os deportistas dos clubs e escolas de Oroso recibirán una medalla. A xornada rematará cunha festa musical.