subscricion Subscricións novas rss Novas RSS contacto Contacto

Visita do Obradoiro a Tambre Golf en Oroso


orosoObradoiro Xogadores e corpo técnico do Monbus Obradoiro CAB visitaron as novas instalacións de Tambre Golf no Concello de Oroso. Os obradoiristas foron recibidos polo concelleiro de Deportes, Luis Rey, e pola tenente de Alcalde, Vanesa Boo, ademais do novo equipo directivo das instalacións de Golf afincadas na urbanización de Porto Avieira.

O equipo percorreu as instalacións e coñeceu as principais características deste deporte tan ligado a valores como ocio e saúde. Despois de adestrar durante un bo anaco na cancha de prácticas e putting green, animaronse realizar o amigable recorrido do campo de Tambre Golf.

Un día diferente que foi posible grazas ao convenio de colaboración establecido entre Tambre Golf e Monbus Obradoiro CAB; unha relación que non remata con esta visita, senón que pretende alongarse no tempo con outras actividades distribuídas ao longo do ano.