subscricion Subscricións novas rss Novas RSS contacto Contacto

Oroso celebra este mes de agosto a súa tradicional Semana Cultural 2019, con actividades para todas as idades


O venres 6 de setembro está programada a actuación de A Banda da Loba, co seu primeiro disco ‘Bailando’, e a inauguración da exposición Góis Oroso Arte.

orosoO Concello de Oroso, a través da súa Concellaría de Cultura, organiza este verán de novo a Semana Cultural 2019, con actos para todas as idades desde o 25 de agosto ao 6 de setembro.

O programa comeza o 25 de agosto coa actuación musical da Banda de Música de Ordes, ás 12.30 horas na praza Isaac Díaz Pardo. O martes 27 de agosto chega a quenda para a tradicional excursión ao aquapark de Cerceda (inscrición do 9 ao 23 de agosto no centro cultural, prazas limitadas).

Despois, durante unha semana haberá actuacións musicais, maxia, circo, teatro, hinchables para os máis pequenos, obradoiros e monicreques. A maior parte das actividades serán no exterior da piscina municipal.

“Unha cita xa consolidada coa cultura durante o mes de agosto en Oroso, con moita programación para toda a familia; cremos que a Semana Cultural será de novo un éxito pola calidade dos espectáculos que veremos”, asegura Vanesa Boo, concelleira de Cultura.