subscricion Subscricións novas rss Novas RSS contacto Contacto

Setenta artistas de 15 países participan nunha nova edición do Certame internacional Góis-Oroso Arte


orosoO Concello de Oroso inaugura este venres ás 20.00 horas unha nova edición do certame artístico GóisOroso Arte, nesta ocasión no centro de saúde polas obras no centro cultural.

Participan na exposición uns setenta artistas de 15 países diferentes.

“Oroso e o noso concello irmán de Góis abrimos un ano máis a fiestra da expresión artística para que os creadores ensinen aos nosos veciños a súa visión da realidade a través da pintura, a fotografía e a escultura”, sostén a concelleira de Cultura, Vanesa Boo.

“Para o Concello de Oroso, a cultura accesible para todas as idades é unha prioridade de goberno; grazas o interese mostrado por todos os veciños e veciñas, a programación cultural medra cada ano e obríganos a ser máis esixentes”, engade Boo.