subscricion Subscricións novas rss Novas RSS contacto Contacto

Festa da Troita nas nosas casas


orosoVeciñas e veciños de Oroso, nun par de semanas estaríamos a celebrar a XXIV Festa da Troita. Dado que este ano non será posible propoñémosvos un reto... Decora o teu balcón ou fiestra para ambientar as nosas rúas coa temática da Festa da Troita!

Como facelo? Moi doado, con debuxos, murais, figuras, cores...todo o que se che ocurra para crear un ambiente festivo e animar as nosas rúas.

Podes enviar o teu traballo a troita@oroso.gal e encargarémonos de publicar todos os recibidos e facer un vídeo promocional da Festa da Troita de cara ao ano que vén.

ANIMÁDEVOS A PARTICIPAR!!