subscricion Subscricións novas rss Novas RSS contacto Contacto

Mergúllate na Cultura Oroso 2020


orosoA Concellería de Cultura do Concello de Oroso organiza nas próximas semanas unha nova edición de 'Mergúllate na Cultura', nesta ocasión coas limitacións e precaucións derivadas da crise do coronavirus.

O primeiro dos espectáculos previstos será o xoves 11 de xuño, con Teatro Ghazafelhos, que interpretarán 'Acuario' para un público familiar

O xoves 18 de xuño, circo e clown con 'Crunch!', tamén para todos os públicos. E o xoves 25 de xuño, actuación musical da Gramola Gominola. BRAVAS. O rexurdir da luz. Público familiar.

Os espectáculos serán no exterior da piscina municipal ás 19.00 horas (ou na carpa instalada ao lado do centro médico, en función do tempo).

Aforo limitado! Reserva a túa praza de luns a xoves ata ás 11 horas para a actuación de cada semana, no 981 690 903 ou escribindo a cultura@oroso.gal

Acude con mascarilla. Desinfección de máns (no recinto) e mantén a distancia de seguridade.