subscricion Subscricións novas rss Novas RSS contacto Contacto

Oroso namorado en San Valentín


orosoO Concello de Oroso lanza este concurso para incentivar a compra dos agasallos de San Valentín no comercio local, axudando desta maneira a un sector moi afectado pola pandemia e dando cor ás nosas rúas nestes tempos tan complicados para tod@s.

Para elo, o concello instalou dous corazóns nas prazas de Isaac Díaz Pardo e Alexandre Bóveda.

Animádevos a facervos unha fotografía nun destes corazóns!. Despois, lembradevos de etiquetar ao Concello de Oroso e compartir en Facebook co hashtag #orosonamorado

As fotografías deben facerse respectando as medidas sanitarias vixentes, evitando as aglomeracións e tomando todas as precaucións.

As tres fotografías que acaden máis 'me gusta' serán obsequiadas cos seguintes premios, tamén en establecementos de Oroso:

1º premio:
Cea para dúas persoas no restaurante La Cantina (valorada en 120€)

2º premio:
Cea para dúas persoas no restaurante Cortés (valorada en 80€)

3º premio:
Unha masaxe en parella en Verónica Rial Benestare Beleza (valorado en 58€)